CUAC FM incrementa a sua producción en directo con dous novos programas realizados por persoas que remataron a formación que imparte a nosa asociaicón recementente.

O pasado domingo comezaba un programa cheo de contidos literarios, Nubes de papel, e que xa podes disfrutar neste podcast Nubes de papel Primeiro Episodio. A emisión realízase os domingos ás 20 horas en semanas alternas. O vindeiro será o 2 de abril.

E mañá sábado poderemos escoitar o debut en CUAC FM de La Guardia de Walter, un magazine que tratará temas moi diversos dende a perspectiva de Walter, o noso compañeiro venezolano que leva uns meses na cidade pero mantén a sua conexión co continente do outro lado do Atlántico. Será ás 17 horas cando chegue ás ondas do 103.4

Tamén recomendamos non perderlle a pista a Loco Iván, incorporados en decembro que fan que as noites dos venres sexan moi diferentes no dial coruñés.

A nosa programación actualizada.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.