O 27 de marzo de 1996 inaugurábase CUAC FM no Campus da Zapateira da Coruña, moi preto da sua ubicación actual. Un despacho da Facultade de Económicas (agora F. de Filoloxía) que foi dividido en duas partes (control e peceira) grazas a unha mampara reciclada da casa dun dos fundadores, acolleu a emisora dende 1996 ata 2002.

Dende aquel día ata hoxe temos disfrutado na emisora de 448 programas diferentes, todos eles realizados por persoas do común que decidiron adicar parte do seu tempo a algo que lles apaixoa: comunicar.

Estes anos de radio tamén serviron como canteira radiofónica (incluso televisiva) á nosa cidade. A lista de persoas que comezaron a facer radio en CUAC FM e que ocuparon (e seguen ocupando) espazo nas ondas doutras emisoras locais é longa, algúns dos máis destacados: Fernando Molezún (Radio Voz), Teba Chacón, Elena López, Iago Gordillo (Los 40, Radio Coruña), Antón Lezcano e Txury Ferrer (ata Antena 3 chegaron tras pasar por diversos medios locais).

Cabe sinalar tamén a incorporación de programas realizados por entidades da cidade como parte das suas actividades sociais: Padre Rubinos (Radio Activa), Proxecto Cárcere (Ondas do Cárcere), A.C. Alexandre Bóveda (Recendo)…

A aposta pola cultura e a creación de CUAC FM dende a sua fundación fai que hoxe mesmo convoque o XIX Concurso de Bandas e solistas para músicos de toda España, con premios especiais para Bandas locais e galegas que actuarán no Festival Noroeste grazas á colaboración do Concello da Coruña.

(Enlace a máis detalles: https://cuacfm.org/novas/2017/03/cuac-fm-convoca-o-seu-xix-concurso-de-bandas-e-solistas/ )

O proxecto de Cuac Fm non sería posible a colaboración intensa con diversas entidades da cidade que fan posible que a emisora continúe viva e que xa disfrute dunha Escola de Radio e Asociacionismo e comparta local no centro da cidade coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na Rúa Olmos. A Universidade da Coruña cede os espazos da emisora xa que CUAC (Colectivo de Universitarios Activos) é unha Asociación universitaria. Ademáis a Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Fundación Paideia e Obra Social La Caixa son algunhas das entidades que permiten realizar a nosa actividade diaria de CUAC, sen esquecer que a maior parte do noso orzamento obtense das cuotas que aportan as persoas socias tanto a nivel individual como as cuotas de emisións.

A emisora comunitaria da Coruña cumple coa lei xeral audiovisual de 2010 e non emite ningún tipo de publicidade na FM.

Vídeo da TVG o día da inauguración de CUAC FM

Foto da Inauguración (captura do vídeo)

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.