Sleepwalker foi a banda coruñesa que obtivo o Premio á Mellor Banda Local 2016 no XVIII Concurso de bandas CUAC FM que contou coa colaboración económica da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Onte recibiron o premio de 400 euros de mans do noso compañeiro Noel Miguélez nos momentos previos á sua actuación no Playa Club da Coruña. Un concerto que curiosamente compartiron con Hexany, tamén finalistas hai uns anos no noso concurso.

Parabéns para a Sleepwalker, desexámosvos moitos éxitos. CUAC FM comprométese a seguir apoiando ao talento na nosa cidade, especialmente o musical xa que a radio é un medio perfecto para difundir a música.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.