loco-ivan

 

As noites de venres xa non voltarán a ser iguais na FM coruñesa, ou na rede en todo o planeta. Chega LOCO IVÁN para revolucionar a tua mente. Emitirase de 22 a 23 horas e así contan os protagonistas do invento o que vas escoitar en CUAC FM:

Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte, non tardaron en fugarse do dungeon no que estaban recluídas. Hoxe, aínda buscadas polo master, sobreviven como radioaficionadas de fortuna. Se ten vostede algún problema e se as atopa, quizais poida escoitalas.

Aquí poderás localizar as suas emisións se as perdes en directo:

Loco Iván Podcast

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.