CUAC FM participa no 2º encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector da Comunicación que ten lugar en Madrid no Centro Social Seco do Retiro e en  Matadero esta fin de Semana.

Presentacion Madrid Jovenes tercer sector encuentro

O encontro ten lugar durante o trinta aniversario de  Radio Vallekas. Este sábado 12 de marzo concentrase a maioría das  actividades de participación e convivencia. Dende CUAC FM contribuímos neste encontro coa participación en diferentes actividades:

Fuente: Foto de @Omc_Radio Onda Merlín Comunitaria 2016-03-12

Fuente: Twitter  @Omc_Radio Onda Merlín Radio 2016-03-12

  • Alex Cortiñas e Chema Casanova, da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, impartiron un obradoiro de automatización no arquivado sonoro nunha radio comunitaria. Neste obradoiro ensinouse como funciona RadioCo, o sistema de gravación automática desenvolvido por Iago Veloso para a nosa emisora. CUAC FM fixo unha demostración de gravación en vivo con dúas Rasperry Pi mostrando que o sistema pode funcionar como un sistema de baixo custe. Varios dos medios presentes entre os que estaban Radio XATA de Pinto, Onda Polígono de Toledo, Tele-K e Onda Merlín Radio  mostraron interese na implantación de RadioCo.
  • Isabel Lema, participou na mesa redonda “Alianzas entre a Universidade e os Medios Comunitarios. Unha axenda para a investigación-acción”, na que coñeceremos os resultados do Estudio de Xoves no terceiro sector da comunicación que presentou o as conclusións nas que participaron quince investigadores de todo o estado.

Pola tarde desenvolverase unha charla-coloquio impartida por Sally Galiana, Presidenta de AMARC Europa sobre “A radio comunitaria en Europa” coa participación dos representantes da ReMC e das diferentes radios comunitarias europeas.

Mañá domingo terá lugar a asemblea da Rede de Medios Comunitarios na que participará CUAC FM, da que Roberto Catoira é actualmente o coordinador de Formación da rede e presentará o informe de xestión desta coordinadora. Así mesmo Mariano Fernández participa dentro do grupo de traballo de lexislación.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.