Reportaxe radiofónica polo día da muller traballadora

Reportaxe radiofónica polo día da muller traballadora de CUAC FM 8 de Marzo de 2016.

CUAC FM emite dende hoxe 8 de Marzo de 2016, día Internacional da Muller Traballadora, e todo o mes de Marzo, a reportaxe elaborada por CUAC FM “Os dereitos da muller a exame. Discriminación laboral, violencia de xénero e trato discriminatorio cara as mulleres na sanidade pública“.

A reportaxe conta coa participación de María Castelo, Mónica Rodriguez Ponte (UGT), Margarida Corral Sánchez (CIG) e a Plataforma A Coruña polo Dereito ao Aborto.

Esta reportaxe de CUAC FM forma parte da campaña Women’s Voices, (Voces de Mulleres), unha serie radial internacional producida con apoio desde o Fondo Global para as Radios Comunitarias de AMARC e a ONG Bread for the World.

Unha producción de Cuac FM con Isa Lema, Jose Lemur, Beatriz Gonzalez de Canales e Chema Casanova

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.