O compañeiro e artista Tono Galán (Manchea), presentador dos programas “Ondas do Cárcere” e “Reversión”, fixo este estupendo vídeo recordatorio dun dos momentos más significativos para CUAC FM de 2015. Trátase da inauguración do noso novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que está situada a carón das instalacións da emisora, no campus da Zapateira (rua Lisboa).

O acto tivo lugar o pasado 10 de decembro, Día Universal dos Dereitos Humanos, unha data simbólica ben acontecida, pois a nosa Escola de Radio que pretende divulgar dous dereitos recollidos na citada declaración: O Dereito a Comunicar e o Dereito a Asociarse, ofrecendo formación e ferramentas para a capacitación mediática.

No acto de inauguración participaron (por orde de intervención), Ozzy de Castro, Presidente de CUAC,  María Xosé Martínez, Vicerreitora de Estudantes da UDC (entidade que cede as instalacións da escola de radio) e Xulio Ferreiro, alcalde de A Coruña. Ao acto asistiron tamén representantes das entidades que realizaron donacións para a posta en marcha do proxecto, Fundación La CaixaFundación Paideia, Igalia, Dez de Dez, e membros de asociacións coas que CUAC colabora, como Amnistía Internacional, Proxecto Cárcere, A.C. Alexandre Bóveda, así como moitos socios e socias da emisora.

Na actualidade CUAC desenvolve un plan de formación anual dirixido aos socios e novos socios da entidade. Coa Escola de Radio preténdese ampliar a oferta formativa co fin de chegar a colectivos máis diversos, dende a infancia, estudantes, colectivos sociais, exntendendo os espazos de comunicación dentro e fóra da Universidade da Coruña.

As instalacións da Escola de Radio e Asociacionismo están compostas por 3 espazos de reducidas dimensións cedidos pola Universidade da Coruña, en concreto pola xestión da Vicerreitoría de Estudantes. Hai un aula de formación técnica (radiofónica), outra de formación teórica e un pequena biblioteca e espazo para xestión.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.