cuac fm

CUAC FM inaugura os actos do seu XX aniversario cun “pregón cuácquero” este sábado 6 de febreiro ás 13:04

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM, cumpre 20 anos e ímolo a celebrar ao grande cunha morea de actividades que encherán a túa axenda de diversión e que comezarán o próximo sábado 6 de febreiro– sábado de carnaval- cun PREGÓN  ás 13:04 horas dende o balcón do local social de Cuac/ACAB, na rúa Olmos da Coruña (nº 20).

Para comezar os actos do aniversario contaremos con dous pregoneiros de luxo: ISA RISCO (actriz e ex-locutora cuáquera do programa “O Arredemo”) e o polifacético XURXO SOUTO (Padriño de CUAC)***.

O acto terá lugar este mesmo sábado de entroido dende o Balcón da A.C Alexandre Bóveda coa que compartimos espazo na rúa Olmos nº 20.

Programa especial “Xeración Bravú” de 12:00 a 14:00 

O programa Xeración Bravú de Cuac FM realizará hoxe un programa especial dende o local social de CUAC no centro (Rúa Olmos nº 20) no que retransmirá en direct o pregón cuácquero, entrevistará aos pregoeiros, a socios históricos de Cuac, buscaremos protagonistas na rúa… e contaremos coa presenza de mooooita xente que pasou nalgún momento pola emisora e que vai celebrar connosco este aniversario.

20 anos dan para moito, e estaremos para contalo!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.