Isa Risco e Xurxo Souto no pregón de CUAC FM

Isa Risco e Xurxo Souto no pregón de CUAC FM

CUAC FM cumpre 20 anos e quere celebralo por todo o alto!

Por isto, estamos a preparar unha morea de actividades culturais, musicais, gastronómicas e educativas que encherán o teu calendario de citas ineludíbeis. Para non abrumaros con tanta actividade, imos ir contándovos pouco a pouco o que estamos argallando dende CUAC FM.

CALENDARIO DE ACTOS CONFIRMADOS


Xoves 18 Febreiro. Observatorio da Comunicación. 
Charla coloquio con: David Lombao (director de Praza Pública).
Lugar: Sede A.C. Alexandre Bóveda/CUAC FM. Rúa Olmos 20 1º
Hora: 20:00

Entrada libre (aforo limitado).


Sábado 20 febreiro.  Concerto de El Kanka Presentación do LP “De pana y rubí”.
Concerto recomendado por Cuac Fm

Sala Mardi Gras. 22:30. Entrada 8 euros.


Domingo 21 febreiro. Concerto “La rebelión de los actores secundarios: El Manin + Álvaro Ruíz
Os músicos de El Kanka presentan os seus discos convidados por CUAC FM.

Sala Mardi Gras. 20:00. Entrada: 5 euros. Socias e socios CUAC: 2 euros.


Xoves 10 marzo. Ciclo de concertos: Música contada (storytellers): Paris Joel.
O cantautor e locutor de Radio Oleiros Paris Joel comenzará o ciclo de “música contada” nun formato de concerto no que os compositores e cantantes conversan co público e percorren a sua carreira musical a través das preguntas que lle fagamos os asistentes. .

Lugar celebración: Baba Bar. Hora 21 horas. Prezos: Entrada 5 euros. Socias e socios CUAC: 2 euros.


 
Venres 1 de abril: CEA BAILE para tódalas persoas de CUAC durante estes 20 anos. (con acompañantes se o desexan).
Restaurante Boavista. Rúa Real. Edificio de El Casino 9ª planta. 22:00 horas.
Prezos: 20 euros para traballadores. 15 euros parados e estudantes

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.