Ciencia na Rua 2014

Os Premios Enfoque son una iniciativa promovida pola Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento e tres grupos de investigación de universidades públicas( Universidade de Cádiz, Jaume I de Castellón e Carlos III de Madrid). Tamén contan co apoio da Federación de Sindicatos de Periodistas, e nacen ca intención de proxectar unha ollada crítica sobre o panorama mediático español e recoñecer exercicios (comprometidos ou non) co respeto da dignidade humana, a equidade de xénero, o coidado medioambiental e a loita contra a inxustiza e a discriminación.

Apoianse no espíritu de iniciativas coma o Manifesto Xornalismo e Dereitos Humanos e o Manifiesto da Federación Internacional de Xornalistas, así coma nunha longa tradición histórica de experiencias e procesos de xornalismo e comunicación para a xustiza e o cambio social, que tiveron coma finalidade mellorar o acceso e a participación da cidadanía nunha información equilibrada, rigurosa e de calidade.

Os Premios Enfocados distinguen as prácticas de comunicación que contribúen á consolidación dos dereitos fundamentais e os ideais de xustica social e ambiental, con especial atención á equidade de xénero a a loita contra a desigualdade.

Os Premios Desenfocados supoñeen, pola contra, unha chamada de atención para evitar ou mellorar prácticas xornalísticas inadecuadas.

Este ano habilítase unha nova categoría que premia a Traxectoria Enfocada dun medio do Terceiro Sector da Comunicación, categoría na que, a xuizo dun grupo amplo de profesores e alumnos universitarios, xornalistas e integrantes de ONG cabe salientar a catorce proxectos do Estado Español, nomeadamente: Diagonal, Infolibre, La Directa, La Marea, Periodismo Humano, Pikara Magazine, Onda Color, Radiópolis, Radio Klara, Radio Vallekas, Revista 5W, TeleK, United Explanations e Cuac FM.

Para Cuac FM é unha honra este recoñecemento e saúda con especial entusiasmo a presenza das compañeiras e compañeiros de Onda Color, Radiópolis, Radio Vallekas e Tele K, tamén integrantes da Rede de Medios Comunitarios.

Para votar nos Premios Enfoque, podedes facelo AQUÍ.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.