Hoxe 20 de Decembro a partir das 19:30 poderás seguir en directo o Especial Eleccións #20D de Carne Cruda en  CUAC FM no  103.4 da FM coruñesa ou a través do Streaming de CUAC FM.

Nesta noite electoral do 20D o equipo de Carne Cruda achegaranos a actualidade informativa cun programa especial para falar de política en serio e en broma.

carnecruda-especial20D

 

A partir das 19:30 achegarannos os resultados electorais neste programa especial con xornalistas como Ramón Lobo, Olga Rodríguez, Isaac Rosa, Maruja Torres, Antonio Maestre, Marisa Gallero e Enric González. Contarase tamén con  Juan Luis Sánchez e os compañeiros do eldiario.es dende as sedes dos partidos. Carne Cruda analizará os datos dos tuitertulianos  máis acidos e afiados como:  @GerardoTC, @AnitaBotwin, @CarlosLanga, @Barbijaputa, @ElHumanoide, @diostuitero y @fanetin.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.