A XVII Edición do Concurso de Maquetas CUAC FM ten a duas bandas galegas como finalistas.

O sábado 17 de outubro dende as 22 horas a Sala Mardi Gras de A Coruña será o lugar onde se celebre a final do XVII Concurso de Maquetas CUAC FM. Se non nos equivocamos, trátase agora mesmo do Concurso de Maquetas de máis longa traxectoria en toda Galicia, tendo comezado en 1997.
Nesta ocasión, tras a escoita de 70 bandas participantes, serán duas formacións galegas as que se disputen os 1200 euros en premios.
Serán Onión Smile de Pontevedra e Bento Veloso & Los Doce Trinches, coruñeses. Durante cuarenta minutos cada banda amosará a calidade do seu directo e ao finalizar, o xurado determinará que banda merece o primeiro premio dotado con 700 euros.
Ademáis, grazas á colaboración dunha serie de patrocinadores, entrégase tamén un premio de 300 euros á Mellor Banda Local que neste caso foi para Perpetuo Socorro.
A entrada ao concerto terá un custe case simbólico. Costará 3 euros, 1 para socias e socios de CUAC.
bentoveloso

Bento Veloso

onion smile

onion smile

perpetuo-socorro-foto

perpetuo-socorro

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.