Xa estamos a 1 de otubro e CUAC FM presenta a nova grella de programación de Outubro. Tras o longo descanso veraniego, a maioría dos programas veteranos de CUAC FM volven a súa emisión regular. Como cada temporada, haberá pequenos cambios, pero sabemos que a nosa audiencia é fiel e acollerá con gusto esta nova grella.

Este outubro, a programación de CUAC FM conta con 35 horas semanais de emisión en directo, con 30 programas de producción propia e 12 colaboracións externas.

Grella de Programación de Outubro 2015

ESCOITA OS PODCAST DE CUAC FM NO “RADIOCO”

Este ano os oíntes de CUAC FM que poderán seguir dinámicamente a nosa programación a través da nova ferramenta RADIOCO, desenvolvida por Iago Veloso (como Traballo Fin de Grado en Informática) grazas a cal podedes consultar a información dos nosos programas, qué está a soar actualmente na emisora ou escoitar o podcast do programa que se acaba de emitir.

A través da web https://cuacfm.org/radioco/ poderedes seguir a última actualidade da nosa grella. Así xa non terás dúbidas de cando se emiten os programas quincenais ou queres escoitar os nosos programas coa máxima calidade.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.