CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca, dende o 13 de xuño de 2015, a XVII Edición do Concurso de Maquetas de CUAC FM que anualmente, e dende hai 17 anos, vén realizando co obxectivo de apoiar aos músicos noveis.

CUAC FM repartirá un total de 1.500 euros en premios: 700 euros para “a mellor banda”, 500 € para a segunda seleccionada e 300€ para “a mellor banda local”.

Se queres participar terás que enviarnos 2 cancións propias (antes do 23/08/2015), non tener sello discográfico e poder actuar na final do concurso o 17 de outubro na Coruña. Interésache, a que sí?

Consulta as bases (neste enlace) e enviános XA as túas cancións ao email: maquetascuacfm(arroba)gmail.com.

Grazas por facer música!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.