Viva_La_resistance_by_Slight_Shift

Viva_La_resistance_by_Slight_Shift

Hoxe, 17 de maio de 2015, Día das Letras Galegas, CUAC FM celebra a “estrea mundial” de “La Resistance” unha obra teatral co que CUAC FM, quere facer o seu humilde recoñecemento a todos os autores e creadores na nosa lingua, especialmente aos que, a pesares das dificultades, seguen coa ilusión de crear pequenas xoias coma esta a partires da imaxinación e o amor polo teatro.

LA RESISTANCE é unha obra de teatro radiofónica resultado dun traballo de colaboración entre CUAC FM e Walkitalkies radioteatro . Esta obra de teatro, concebida baixo o formato de “radio-novela”, foi escrita polos autores galegos Carlos Losada e Begoña García.

LA RESISTANCE foi dirixida, producida e interpretada polos membros do obradoiro de ficción de CUAC FM.

Visita a web do novo proxecto de radioficción de CUAC FM: https://cuacfm.org/la-resistance/

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.