20 ANIVERSARIO DO DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Este sábado 9 de maio de 2015 celébrase a XX Edición do Día da Ciencia na Rúa e CUAC FM estará no parque de Santa Margarida para celebralo con todos os xóvenes (e non tan xóvenes) científicos da Coruña e de Galicia.

A través dun programa en directo, a equipa de CUAC FM dará unha cobertura informativa especial que comezará a partir das 11 da mañá e no que entrevistaremos á directora do MUNCYT, ao director do ocenagráfico da Coruña, a investigadores do INIBIC, a expertos en hardward libre como Bricolabs, asociacións de estudo dos animais como GEAS e a moitos estudiantes e visitantes de todas as idades que pasarán polos micros de CUAC FM para contarnos a súa experiencia coa ciencia.

Escoitanos en directo no 103.4 da FM, a través da nosa páxina web ou visítanos no noso “estudo” a carón da entrada da Casa das Ciencias.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.