Cuac FM fixo por mor da folga xeral do 29 de marzo de 2012  un especial informativo dende as 9 e ata as 14h, con conexións dende as manifestacións que se estaban a celebrar nas rúas coruñesas. Durante a conexión, fixemos dúplex coas emisoras comunitarias Radio Filispim, Radio Kras, Radiópolis e, brevemente, con Radio Enlace.

PARTE 1

Neste bloque, tivemos conexión con Ángeles Santos, da Asociación de Empresarios de Bergondo, para matizar un titular de La Voz de Galicia sobre as opinións do seu Presidente acerca da Folga Xeral.

PARTE 2

Neste bloque falamos con César Santiso (Concelleiro de EU na Coruña), Águeda Rey, María Xosé Bravo (Concelleira do BNG), Pablo Carril (portavoz da CIG), Moncho Rodríguez (Secretario Comarcal da CUT)

PARTE 3

Neste bloque falamos con algunhas persoas anónimas das diferentes manifestacións, e escoitamos algúns dos manifestos.

Este programa fixérono posible Mariano Fernández e Ángela Triana (técnicos de son), Tomi Desastre e Ozzy de Castro (conductores), Víctor Grande, María Nieto, Julia Huertas e Fernando Losada (redacción), sr Garou, Fer Liñares, Antonio Prado, Mónica Alonso, sr Moro, sr Iverson, Bea Ulalume, Javier Casariego, Iván Louzán “O Pingüino”, Carmela Garrido e Vera Pidal Pardo (reporteiros/as). Tamén colaboraron Gutier Rolán e Dani Maverick.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.