Cuac FM fleta outro bus. Esta vez, para ver a Muse
O 27 de agosto de 2010, Muse dará un concerto en Galicia. Desgraciadamente (para nós), non será na Coruña, senón no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Pero os fans coruñeses deste famoso grupo están de noraboa: a radio comunitaria Cuac FM fletará un bus para asistir ao Concerto, como xa fixera con motivo da actuación de Patti Smith en Vigo.
| Imprimir artigo | Este artigo publicouno FerDetective o 21 Xullo 2010 ás 13:24, e está arquivado en Actividades paralelas, Ocio y Cultura. Segue as respostas a esta entrada a través de RSS 2.0. Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio. |


Español
Galego


