XII Concurso de Maquetas de Cuac FM: A Mellor Banda Local, Proyecto Kournikova, actúa o venres 4 en FNAC A Coruña.
Proyecto Kournikova foron elexidos como mellor banda local entre aquelas que enviaron o seu traballo ao XII Concurso de Maquetas de Cuac FM. Foron os propios socios da emisora, técnicos e locutores os que tomaron esta decisión.
A banda recibirá como premio 300 euros que serán entregados o venres 4 de xuño durante a sua actuación no FNAC de A Coruña.
O concerto comezará as 19:30 horas e a entrada é gratuita. Aforo limitada.
Cuac FM, detrás da música local dende 1996.
ACTUALIZADO:
Proyecto Kournikova recibiron o pasado venres en FNAC o premio que os acredita como a mellor banda local do XII Concurso de maquetas de CUAC FM.
Durante a actuación, con varios componentes afectados pola gripe, interpretaron temas das suas última maqueta, nas que as letras das canciones cobran protagonismo.
Ademáis Proyecto Kournikova presentou o seu novo baixista.
Na foto os cinco compoñentes co “cheque” acreditativo do premio Coca-cola á mellor Banda Local.
| Imprimir artigo | Este artigo publicouno FerDetective o 6 June 2010 ás 23:52, e está arquivado en Actividades paralelas, Concursos. Segue as respostas a esta entrada a través de RSS 2.0. Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio. |

Español
Galego
