Arquivo de Outubro, 2009
Cómo hacer un programa de radio – OMC Radio
31 Out
Buscando en Madrid unha radio onde continuar El Detective, cheguei á web de OMC Radio (Onda Merlín Comunitaria), que emite no 107.3 Madrid, en cuxa web colgaron un PDF que da consellos sobre como facer un programa de radio, e coido que todo aquel que faga un programa nunha radio comunitaria debería botarlle un vistazo.
XORNADAS SOBRE DEREITO Á COMUNICACIÓN E MEDIOS COMUNITARIOS
29 Out
Horarios da Xornada.
Os obradoiros, ponencias e mesas redondas terán a seguinte temporalización.
10:30 Apertura da xornada a cargo de Luís Caparrós, vicerreitor de Cultura e Comunicación da UDC.
10:35 a 12 Primeira ponencia.
12 a 12:30 Descanso
12:30 a 14:00 Obradoiro
16:30 a 18:00 Coloquio
18:00 a 18:30 descanso
18:30 a 20:00 Ponencia
Remember: Especial El Señor de los Anillos en Cuac FM
29 Out
Ademáis do de Star Wars, o outro gran especial no que participei a tempada pasada foi de El Señor de los Anillos. En principio íamos participar únicamente PDF (Adri, Javi e máis eu) e BSO (Dani). Pero, tendo en conta que Adri era o técnico de El Vibrador e Javi un clásico de Do the Evolution; que se apuntaron ao carro Mariano e Bea (Alegría) e Diego de la Vega e Iverson (¿Y si no de qué?); que os compañeiros de El Complejo Lambda fixeron unha breve (pero interesante) aportación sobre os videoxogos da saga), e que no noso concurso participaron Cris (Zona Gaia) e Isra (Malo Será); total, que ao final houbo presencia de 9 programas, como 9 foron os compañeiros que partiron de Rivendel.
Na primeira parte do programa tratamos a música composta sobre a obra de Tolkien (grazas á colaboración do jran Paco Fox, coautor do blog Vicisitud y Sordidez); comentamos a propia obra, e algunhas das primeiras adaptacións. Na 2ª parte, na que grabamos 5 vídeos (adxúntovos o primeiro), tratamos as películas de Peter Jackson, amenizando coa música de Howard Shore. Podedes escoitar todo o programa dende AQUÍ.
III Encuentro Estatal de Medios Comunitarios (2006)
27 Out
Hai uns anos celebrouse en Toledo o III Encontro Estatal de Medios Comunitarios. Nesta reportaxe (que ten 3 partes), poderedes ver a representantes de varios dos diferentes medios comunitarios de España.
Entrevista a “Discovery” (miércoles, 22:00 – 23:00)
26 Out
Un dos programas que comenzou o pasado verán foi Discovery, que dirixe Adrián Pérez, a quen coñeceredes de programas coma El Vibrador ou PDF.
- El Detective: ¿Farías algunha vez un programa sobre El Canto del Loco, Andy y Lucas ou a historia da aportación á música dos 40 principales?
- Discovery: A idea da que nace Discovery é facer novos descubrimentos musicáis, a poder ser intentando cubrir unha ampla variedade de estilos. Aínda que dende logo os que se mencionan non son nin de lonxe os meus favoritos, no hipotético caso en que non fosen xa amplamente coñecidos sí podería chegar a facerse un programa sobre eles. A idea aquí é non pecharse a un estilo só porque non lle entusiasme a quen fai o programa, senón intentar sacar dos abismos do olvido a cualquera artista relevante. Todo o que se escoita nos 40 Principales está moi «sobado», polo que de momento non me plantexo dedicarlles unha hora de programa.
Se teño que recoñecer que, ata agora, a meirande parte dos programas foron de temas que me gustan, aínda que por exemplo o último programa de juño versou sobre KMFDM, un grupo de rock industrial do que non son moi fan, pero que está considerado como un dos máis relevantes do xénero. Nesa ocasión aproveitei para introducir unha pequeña variación na dinámica do programa (entre outras que están por vir), contando coa voz do meu amigo Javier para os comentarios, xa que él sí é un bo coñecedor deste grupo. - ED: Resume entonces, en poucas palabras, de que vai o teu programa:
- D: Discovery é un programa sobre música que cambia de temática cada semana, de forma que quen o escoite, teña a ocasión de descubrir música nova, de varias formas posibles sentidos: no caso de artistas pouco coñecidos na nosa zona, como primeira toma de contacto; para os coñecidos, intento descubrir as partes da súa obra menos habituais; e para os programas temáticos, hilando cancións que a priori pode parecer que non teñen nada que ver. Sempre aderezando a hora que dura el programa con anécdotas entre canción e canción.
- ED: Que cousas cres que debes mellorar, e de que outras podes presumir.
- D: Comezo polo sinxelo que é presumir, e probablemente só poida facelo do formato de programa, que ata onde teño entendido non existira ata agora en Cuac FM. Todo o demáis é mellorable.
O que máis me está custando é pasar do tono desenfadado do Vibrador y da voráxine surrealista de PDF a algo máis serio. En parte está sendo un pequeno reto persoal, e aínda que o tono xa o teño un pouco máis afinado, ainda que me queda por mellorar en canto ao pouco ben fiados que están ás veces os comentarios entre cancións. Nótase cando o artista ou tema resúltanme familiares na fluidez do programa.
En canto a melloras en canto ao formato do programa, aínda non teño clara a conveniencia ou non de abrir
a participación telefónica, así que de momento viñeron chegando algunhas suxerencias a través do correo electrónico. O que sí estou preparando para as próximas semanas é un programa con varias personas no estudio, no que cada persoa elexirá un par de cancións que lle resulten especialmente emotivas, explicando o motivo da súa elección. Coido que pode ser un programa moi variado e entretido; se sae ben é posible que faga algún máis con compañía. - ED: É de supoñer que un integrante de 3 programas que pasaron por Cuac (El Vibrador, PDF e Discovery) escoitará outros programas da emisora. ¿Poderías citarnos algún que che guste?
- D: Jaja, outra das miñas asignaturas pendentes é escoitar máis programas de Cuac FM, aínda que ao traballar non teño todo o tempo que me gustaría, e polo tanto non escoito tódolos programas que quixera. Para rematar a faena, na casa teño que facer malabares coa antena, co que o final cando máis escoito a radio é no coche, ou descargando os programas de Internet. A pesares de todo, intento escoitar BSO e El Detective tódalas semanas; despois según o tempo que pase no coche ou na casa, aproveito para baixarme programas ao chou para ir comprobando como respira a emisora. Dos últimos dos que teño noticias, gustoume o primeiro programa de Arquivos de Son, estou seguro que irán mellorando semana a semana según vaian collendo rodaxe. Tamén teño curiosidade por ver que tal se desenvolven Los Selenitas, ¡vaia un nome!
- ED: Danos razóns polas que, quen lea isto, DEBE escoitar Discovery tódolos mércores de 22:00 a 23:00:
- D: Gustaríame poder dicir que o programa é un acompañamento de terciopelo para recostarse cómodamente nun sillón do sofá e pechar os ollos mentres se disfruta dun pouco de boa música á tenue luz das velas… pero aínda que coincide a hora, Tommy Salau estaba en M80, o programa chamábase «Blue Light», e por desgracia deixouse de emitir hai case un lustro. O que sí podo garantizar, é que non haberá dous programas iguais, e que cualquera poderá atopar música que lle guste escoitando Discovery.
Concurso “Diálogo misterioso” – ¿Y si no de qué?
25 Out
Me comenta Iverson que en ¿Y si no de qué? han creado un concurso titulado Diálogo misterioso:
- Cada persona puede contestar 1 vez por semana en el Facebook, mandando un correo a ysinodeque@gmail.com o entrando en directo en el programa (jueves de 22:00 a 23:00)
- Si aciertan 2 o más personas, se realizará un desempate en directo en el programa “donde los participantes deberán demostrar su cinesabiduría“.
- Si alguna semana nadie acierta, se dará una pista: un nuevo audio, un link a un video en Youtube, un link a Filmaffinity o cualquier cosa que se pueda considerar pista.
- El premio de cada acertante semanal es un DVD de su sección Las 50 películas de tu vida.
El primer diálogo misterioso es ESTE. ¿De qué película está sacada la frase que se escucha un par de veces? La música es para despistar… o no… o sí…
Catalina Botero habla de la situación de los medios comunitarios en Latinoamérica
24 Out
Neste vídeo, do pasado septembro, vemos á Relatora pola Liberdade de Expresión da Comisión Interamericana de Derechos Humanos falar sobre a situación dos medios comunitarios en Latinoamérica. Seguro que aos que estedes ao tanto do caso español sóanvos algunhas das cousas que comenta.
Siempre contigo – Sopas con Onda
23 Out
O outro día, na entrevista aos chanfainos, deixeivos un enlace á curtametraxe que presentaron en conxunto. Hoxe toca Siempre contigo, a curtametraxe de Sopas con Onda, dirixida por Gutier Rolán, coa actuación de Víctor Grande e la voz en off de Hugh McGinley (Sr. Pte. de Cuac FM e Inframundo). Técnicamente é moi bo, aínda que non resultou gañadora no Concurso de Curtos.












Español
Galego


