Eleccións Municipais 2019

...

Eleccións Municipais 2019

Cuac FM, a Radio Comunitaria da Coruña, emite, dentro da súa cobertura especial Eleccións Municipais 2019 unha serie de entrevistas realizadas aos candidatos e candidatas á alcaldía da cidade de A Coruña que, segundo as enquisas publicadas, teñen maior opción de obter representación no Pleno Municipal ou a Diputación Provincial da Coruña.

A cobertura das Eleccións Municipais 2019 en Cuac FM culminará cun programa en directo o domingo 26 de maio a partir das 21:00h, onde seguiremos o reconto de votos, informaremos sobre os acontecementos relevantes tanto na Coruña como no resto do Estado, e analizaremos os resultados das Eleccións Europeas.

CUAC FM entrevista a:

Xulio Ferreiro, candidato de Marea Atlántica: emisión o xoves ás 07:30 e 14:30, e o venres ás 00:15, 06:00, 08:45 e 17:00.

Inés Rey, candidata do Partido Socialista Obrero Español: emisión o xoves ás 07:45 e 14:45, e o venres ás 02:00, 07:30, 13:00 e 17:15.

Mónica Martínez, candidata de Ciudadanos: emisión o xoves ás 08:00 e ás 17:00, e o venres ás 03:00, 07:45, 13:15 e 22:00

Francisco Jorquera, candidato do Bloque Nacionalista Galego: emisión o xoves ás 08:20 e 17:45, e o venres ás 04:00, 08:00, 14:30 e 22:15.

Pedro Armas, candidato de Alternativa dos Veciños: emisión o xoves ás 08:45 e o venres ás 00:00, 05:00, 08:20, 14:45 e 23:30.

Cuac FM convidou á candidata do Partido Popular, Batriz Mato, a participar na cobertura electoral de Cuac FM, mais declinou o convite por motivos de Axenda.

As entrevistas foron realizadas durante a campaña electoral.

As entrevistas foron producidas por Isa Lema, Chema Casanova, Ozzy de Castro, Roberto Ansede e Fer Liñares.

O día das eleccións, 26 de maio, Cuac FM emitiu un programa en directo de 5 horas, con Isabel Lema, Tomi Legido, Ozzy de Castro, Fernando Souto, Chema Casanova, Roberto Ansede, Miguel Anxo Facal, Ariana Fernández, Lara Ruíz, Fernando Liñares e Bea Ulalume.

Lista de programas

Language: Gallego

Category: Noticias y política

RSS:

Episodios

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo