Cobertura especial da Folga Xeral do 29M 2012

Cuac FM fixo por mor da folga xeral do 29 de marzo de 2012  un especial informativo dende as 9 e ata as 14h, con conexións dende as manifestacións que se estaban a celebrar nas rúas coruñesas. Durante a conexión, fixemos dúplex coas emisoras comunitarias Radio Filispim, Radio Kras, Radiópolis e, brevemente, con Radio Enlace.